Novo Chapas de lingua e literatura Nos acechan todavía 1129 1,50 € Hai versos que non envellecen. E algúns gustaríanos que envellecesen moito máis. «¡Mira que nos acechan todavía!», escribiu Federico García Lorca. Unha frase que doe polo que conta, polo que sabemos do seu autor e por todo o que segue dicindo. Engadir á cesta
Chapas de filosofía La filosofía como arma 1128 1,50 € A filosofía como arma da revolución. Porque pensar nunca foi unha actividade tan inocente como algúns pretenden. Althusser, Marx e unhas cantas preguntas incómodas para levar postas. Engadir á cesta
Chapas de lingua e literatura Mario Benedetti 1127 1,50 € Mario Benedetti, pero con bonus track. Super Mario, bro. Literatura, cariño e un chiste bastante inevitable. Engadir á cesta
Chapas reivindicativas Desde el río hasta el mar 1126 1,50 € Non queremos afacernos. Nin ás cifras, nin ás imaxes, nin ao silencio. Dende o río ata o mar, Palestina vencerá. Unha chapa para dicir ben alto de que lado estás. Dispoñible en galego, castelán e inglés. Engadir á cesta
Chapas reivindicativas Barrios antifascistas 1125 1,50 € Barrios antifascistas. Porque un barrio tamén se constrúe defendendo a quen o habita e non mirando para outro lado. Deseño da Comisión de Festas do Barrio de San Pedro, con Palestina moi presente nas súas cores. O importe íntegro desta chapa vai destinado á Comisión. Engadir á cesta
Chapas reivindicativas Barrios para vivir 1124 1,50 € Barrios para vivir, non para especular. Esta chapa da Comisión de Festas do Barrio de San Pedro ponlle palabras a unha preocupación moi real en Compostela e especialmente nos nosos barrios: queremos unha cidade con xente dentro, non un bonito decorado para quen está de paso. O importe íntegro desta chapa vai para a Comisión. Engadir á cesta
Chapas de cine, TV e series Chapa Magüi - Paquita Salas 1123 1,50 € Se viches Paquita Salas, esta frase non precisa presentación. E se, ademais, es do equipo Magüi... benvida, senta, estás entre xente que entende as referencias. Engadir á cesta
Chapas reivindicativas Michis antifascistas 1122 1,50 € Se che gustan os gatos e tes claro que o fascismo nunca é unha opción, probablemente acabes sorrindo ao ver esta chapa. Nós, desde logo, fixémolo mentres a deseñabamos. Engadir á cesta
Chapas de lingua e literatura Juan Ramón Jiménez 1121 1,50 € Hai frases que se len. E hai frases que che quedan dentro durante anos. "Se vos dan papel pautado, escribide polo outro lado", de Juan Ramón Jiménez, é unha delas. Un convite a pensar pola túa conta... e, de paso, un fermoso guiño a Fahrenheit 451. Engadir á cesta
Imáns Imán Raffaella Carrà 1120 3,00 € Imán rectangular da nosa queridísima Raffaella Carrà 💃✨ Lentejuelas, alegría e ganas de bailar. Estética pop e tamaño 53x80 mm. Engadir á cesta
Chapas de cine, TV e series K-pop 1119 1,50 € Cando o K-pop se mestura coa fantasía, os demos teñen un problema. KPop Demon Hunters combina música, acción e unha estética espectacular nunha das sorpresas máis divertidas da animación recente. Engadir á cesta
Chapas variadas Make Love Great Again 1118 1,50 € Hai lemas que levantan muros. Nós quedamos cos que invitan a dar apertas. Make Love Great Again: un pequeno cambio de palabras que mellora bastante o mundo. Engadir á cesta