“Variadas” non significa “sen criterio”. Significa que aquí caben moitas cousas, pero todas se parecen nunha: teñen carácter.
Nesta categoría viven as nosas chapas con frases, as chapas irónicas, as tenras, as que parecen unha parvada ata que te decatas de que non, as de existencialismo suave, as de humor raro, as de sarcasmo amable e as que funcionan case como un estado de ánimo portátil.
Hai chapas para días de risa, chapas para días de baixón, chapas que din o que ti non tes ganas de explicar e chapas que parecen un chiste privado con alguén que aínda non coñeces.
Moitas destas chapas nacen de ocorrencias, de conversas, de frases escoitadas ao pasar ou dese costume noso de apuntar cousas que non sabemos moi ben para que servirán… ata que acaban nunha solapa. Por iso aquí atoparás deseños moi distintos entre si, pero todos cun algo en común: non son neutros.
Este é tamén un dos lugares onde máis doado é vir “só mirar” e acabar atopando algo que te representa máis do que esperabas. E si: é a sección onde un community manager sufriría se tivese que escribir “descubre a nosa colección”.
Benvida ás chapas variadas. Ou, dito doutro xeito: ás chapas que non saben estar caladas.