barrios antifascistas

Barrios antifascistas

1125
1,50 €
IVA incluido

Barrios antifascistas. Porque un barrio tamén se constrúe defendendo a quen o habita e non mirando para outro lado. Deseño da Comisión de Festas do Barrio de San Pedro, con Palestina moi presente nas súas cores.

O importe íntegro desta chapa vai destinado á Comisión.

Tipo
  • Chapa
Tamaño
  • 38 mm

 

Un barrio son as casas, as rúas e os comercios. Pero, sobre todo, é a xente que decide facer cousas xunta.

A Comisión de Festas do Barrio de San Pedro leva anos demostrando que organizar unhas festas é bastante máis ca montar un escenario. É crear comunidade, ocupar as rúas, atoparse, reivindicar e conseguir que durante uns días o barrio sexa aínda máis barrio.

De aí sae esta chapa: Barrios antifascistas.

Un deseño sinxelo e rotundo que fala dun San Pedro comprometido, diverso e orgulloso de selo. As cores tampouco están aí por casualidade: o vermello, negro, branco e verde incorporan ao deseño unha mirada á Palestina e á solidariedade co seu pobo.

E neste caso hai algo especialmente importante: o importe íntegro da chapa vai para a Comisión de Festas do Barrio de San Pedro. Chapatízate non queda con ningunha parte da venda.

Así que levas unha chapa, si. Pero tamén botas unha man a toda esa xente que dedica tempo, traballo e unhas cantas horas de sono a conseguir que sigamos tendo festas feitas desde o barrio e para o barrio.

Que parece que se organizan soas.

Spoiler: non.

A clientela que mercou este produto tamén mercou:

Produto engadido á lista de desexos