Chaveiros

Amosando 1-19 de 19 produto(s)

Chaveiros con algúns dos deseños máis destacados de Chapatízate. Da túa solapa ao teu peto. :)

Nesta sección reunimos os chaveiros de Chapatízate. Deseños que naceron como chapas e que pedían a berros outro sitio onde quedar.

Aquí atoparás chaveiros con algúns dos motivos máis recoñecibles da tenda: frases, imaxes e referencias que funcionan moi ben cando pasan da solapa ao peto. Son chaveiros para chaves, mochilas, estoxos ou simplemente para levar pendurados sen máis.

É unha categoría pensada para medrar. Hai deseños que gañan cando se converten en obxecto, e o chaveiro é un deses formatos que se volven parte do cotián case sen te decatares.

Produto engadido á lista de desexos