As túas chapas personalizadas

Ademais de todas as chapas que tes no catálogo de Chapatízate, tamén podes pedir as túas propias chapas.Nos últimos 15 anos fixemos chapas para colectivos, asociacións, bares, pequenas empresas, tendas, produtodas, deseñadores/as, despedidas, aniversarios, vodas... Ti decides que precisas.

Tes algunha dúbida?

  • Pedido mínimo? Podes facer unha, dúas, dez chapas... un cento delas. O que precises.
  • Como as presentamos? Mandarémoschas (en función da cantidade) nun sobre, nunha caixiña o nunha gran caixa. Se queres que cada chapa vaia no seu propio envase tamén podemos facelo pero ten en conta que o prezo cambiará se escolles un ou outro. E si, tentamos eliminar o plástico deste servizo.
  • Prazos de entrega? Non e o mesno facer unha chapa que facer mi. Os nosos prazos acostuman a ser reducidos (entre 3 días e unha semana), pero se nos contas o que precisas e para cando, podemos tentar cumprir outros prazos.

Tes un deseño?

Se xa tes un deseño preparado, adiante, podemos comezar a prepara as túas chapas personalizadas.

Lembrámosche o seguinte:

  • Tamaño e formas. Tempos chapas de diferentes tamaños e formas. Comproba que os teus deseños respetan estes tamamos e as marxes de seguridade.
  • Cor. Se precisas que a cor de reproducion sexa precisa co teu arquivo de orixe, precisamos que envies os teus arquivos en CMYK. Se queres outro tipo de acabado ou algunha tinta especial, podes indicalo no teu pedido e reaxustaremos produción e prezo.
  • Formato. Aceptamos arquivos en TIFF, JPG, PNG, AI e PSD. Nos caso destes dous últimos, deberás enviar as tipografías trazadas oo adxuntar un arquivo coas tipografías usadas.
  • Revisión do deseño. Tranquila/o, antes de comezar a facer as chapas, revisaremos o teu deseño e se temos algunha dúbida porémonos en contacto contigo.

Tes algunha idea?

Se non tes un deseño pero si unha idea do que queres ou precisas, podes enviarnos un correo ou chamarnos e poremos en marcha o servizo de deseño que ofrece Chapatízate. Pregúntanos prezo e, se che convence, a traballar!

O proceso é sinxelo. Cóntanos que precisas, farémosche unhas cantas preguntas para coñecer mellor a túa idea, preparamos un par de bosquexos e ti decides. Ou seguimos buscando solucións ou facemos un deseño definitivo do bosquexo que che guste.

Podes consultar prezos, resolver as túas dúbidas ou realizar o pedido das túas chapas personalizadas a través do  noso correo.

Produto engadido á lista de desexos
Produto engadido ao comparador

O DAS GALLETAS: Empregamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario/á usuaria na nosa web. Se continúas empregando este sitio, entendemos que estás dacordo. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración, premendo en máis información.