Accesorios de escritorio

Aquí non vas atopar solucións minimalistas para casas sen libros. Isto é outra cousa.

Esta categoría está pensada para quen le, rele, subliña, acumula e, nalgún momento, tivo que facer sitio nunha estantería como quen negocia co caos.

Os suxeitalibros non son só prácticos: son unha forma bastante digna de evitar que todo se veña abaixo.

Os portalápices tampouco están aquí por casualidade: sempre hai un boli preto cando hai un libro aberto (aínda que despois non apareza cando o necesitas).

Son obxectos que acompañan a lectura, pero tamén o espazo onde ocorre. Escritorio, estantería, mesiña… ese pequeno ecosistema onde conviven novelas, ensaios, pendentes eternos e relecturas inevitables.

E si, encaixan especialmente ben coas nosas chapas literarias. Porque se te vas rodear de libros, mellor facelo con cousas que teñan un pouco de graza.

Produto engadido á lista de desexos