Michis antifascistas

Michis antifascistas

1122
1,50 €
IVA incluido

Se che gustan os gatos e tes claro que o fascismo nunca é unha opción, probablemente acabes sorrindo ao ver esta chapa. Nós, desde logo, fixémolo mentres a deseñabamos.

Tipo
  • Chapa
  • Imán
  • Imán abridor
Tamaño
  • 25 mm
  • 38 mm
  • 44 mm
  • 59 mm

 

Os gatos teñen fama de facer sempre o que lles peta.

Non sabemos se será por iso que nos caen tan ben.

Esta chapa nace mesturando dous símbolos moi diferentes: a clásica composición das bandeiras antifascistas e dous gatos, un negro e outro alaranxado. Porque o humor tamén serve para dicir cousas importantes. E porque, sexamos sinceras, case calquera mensaxe mellora cando aparecen un par de michis.

Michis Antifascistas é unha maneira de levar as túas ideas sen perder o sorriso. Unha chapa para quen pensa que a solidariedade, a diversidade e os dereitos humanos non deberían estar nunca en cuestión. E tamén para quen interrompe unha conversa porque acaba de ver un gato durmindo ao sol.

Non hai que escoller.

Pódese querer moito aos gatos...

...e ter moi claro de que lado se está.

chapatízate

A clientela que mercou este produto tamén mercou:

Produto engadido á lista de desexos