Juan Ramón Jiménez
Hai frases que se len. E hai frases que che quedan dentro durante anos. "Se vos dan papel pautado, escribide polo outro lado", de Juan Ramón Jiménez, é unha delas. Un convite a pensar pola túa conta... e, de paso, un fermoso guiño a Fahrenheit 451.
Non sabemos se Juan Ramón Jiménez imaxinaba o longo percorrido que ía ter esta frase cando a escribiu.
O que si sabemos é que segue conservando toda a súa forza.
"Se vos dan papel pautado, escribide polo outro lado." -tradución nosa, hehe.
Ás veces fan falla moi poucas palabras para dicir moito. Nesta frase cabe unha invitación a pensar pola propia cabeza, a cuestionar o establecido e a lembrar que as mellores ideas non sempre nacen seguindo as liñas marcadas.
Moitas persoas reencontrárona en Fahrenheit 451, a extraordinaria novela de Ray Bradbury, onde os libros representan moito máis ca obxectos: son memoria, liberdade e resistencia. Non é estraño que esta cita apareza precisamente alí.
Esta chapa é para quen escribe nos marxes, para quen dobra a esquina das páxinas que lle emocionan, para quen aínda entra nunha libraría sen présa e para quen pensa que ler tamén é unha forma de rebeldía.
Porque hai frases que se esquecen ao pechar o libro.
E hai outras que quedan contigo moito tempo despois.