Nesta sección están os packs de chapas de Chapatízate. É dicir: grupos de chapas que xuntamos porque funcionan ben entre elas.
Algúns lotes nacen dunha idea concreta, outros dunha liña gráfica, outros dunha broma, dun tema ou dunha obsesión. Hai packs que contan algo cando se ven xuntos e chapas que, directamente, non nos apetecía separar.
Os packs adoitan gustar moito para agasallar, pero tamén para quen non quere levar só unha chapa ou para quen comeza a botar un ollo pola tenda e prefire que alguén lle faga un primeiro filtrado.
Aquí non vas atopar “sobras”: o que hai son combinacións que existen porque teñen sentido xuntas. E iso é todo. ?