Desde el río hasta el mar
Non queremos afacernos. Nin ás cifras, nin ás imaxes, nin ao silencio. Dende o río ata o mar, Palestina vencerá. Unha chapa para dicir ben alto de que lado estás. Dispoñible en galego, castelán e inglés.
Hai cousas ás que non queremos afacernos.
Non queremos afacernos a contar mortos. A ver cidades arrasadas. A familias expulsadas das súas casas. A nenos e nenas convertidos en cifras. A escoitar cada día unha atrocidade nova e que, pouco a pouco, deixe de parecernos nova.
E tampouco queremos quedar caladas.
Por iso fixemos esta chapa.
Dende o río ata o mar, Palestina vencerá.
Sen mensaxes agochadas. Sen medias tintas. Unha chapa de apoio ao pobo palestino, á súa liberdade e ao seu dereito a existir e vivir con dignidade na súa terra.
O deseño leva as cores de Palestina e a kufiya atravesándoo de lado a lado. Non como adorno, senón como parte dunha simboloxía que leva décadas falando de identidade, resistencia e pertenza.
E fixémola en galego, castelán e inglés.
Porque algunhas cousas pódense dicir de moitas maneiras, pero significan exactamente o mesmo:
Dende o río ata o mar, Palestina vencerá.
Desde el río hasta el mar, Palestina vencerá.
From the river to the sea, Palestine will be free.
Fronte ao horror, non queremos indiferenza.
Palestina libre. 🇵🇸