Barrios para vivir

Barrios para vivir

1124
1,50 €
IVA incluido

Barrios para vivir, non para especular. Esta chapa da Comisión de Festas do Barrio de San Pedro ponlle palabras a unha preocupación moi real en Compostela e especialmente nos nosos barrios: queremos unha cidade con xente dentro, non un bonito decorado para quen está de paso.

O importe íntegro desta chapa vai para a Comisión. 

Tipo
  • Chapa
Tamaño
  • 38 mm

 

Santiago é unha cidade marabillosa para visitar. O problema empeza cando cada vez resulta máis difícil vivir nela.

Quen coñece Compostela sabe do que falamos: alugueiros disparados, vivendas que desaparecen do mercado residencial, pisos turísticos e barrios que corren o risco de ir perdendo pouco a pouco a xente que lles dá vida durante todo o ano.

E se hai un lugar onde esta conversa ten todo o sentido é San Pedro.

Esta chapa é un deseño da Comisión de Festas do Barrio de San Pedro, un deses colectivos que lembran que un barrio non son só os seus edificios. Son as veciñas que se saúdan, o comercio de sempre, quen saca as cadeiras á rúa, quen organiza as festas e quen protesta cando toca.

Barrios para vivir, non para especular fala de todo iso.

De querer un Santiago que poida seguir sendo casa e non só destino. De defender barrios vivos, diversos, con comercio, familias, estudantes, xente maior, xente que acaba de chegar e xente que leva alí media vida.

Porque encántanos que veñas a Compostela.

O que non queremos é ter que marchar nós.

A clientela que mercou este produto tamén mercou:

Produto engadido á lista de desexos