Esta sección é para as nosas chapas galegas. Para as que falan de aquí, das palabras que usamos, das cousas que se din sen pensar, do humor que gastamos e desa maneira tan nosa de mirar o mundo.
Chapatízate naceu en Compostela, viviu moitos anos en Zaragoza, pero agora está de volta en Galiza. E non como unha idea abstracta, senón como sitio moi concreto: con choiva (ás veces moita choiva), con rúas de pedra, con cafés, con xente e amigas, con expresións que se che pegan sen decatarte. Esta sección nace dese estar nos comezos, dese desexar volver e dese quedar.
Aquí atoparás chapas con referencias galegas, frases, palabras, escenas e pequenas cousas que se recoñecen máis doadamente do que se explican. Chapas para quen está aquí, para quen marchou e para quen leva Galiza no peto aínda que viva lonxe.
Non van de tópicos (agardo) nin de souvenir. Van de pertenza, de memoria, de humor, de retranca e de cariño polos detalles.
É unha sección para mirar sen présa. E para atopar, ás veces, algo que che faga sorrir e pensar: son eu.