En Chapatízate atoparás unha selección de chapas dos 80 cargadas de nostalxia, cultura pop e lembranzas de infancia. Chapas dos 80 para quen temos certa debilidade polos tempos pasados, polos iconas da nosa xeración e por esa sensación tan concreta de volver á casa merendar e acender a tele.
Porque si: somos corentonas, e de nostalxia e de tempos “mellores” sabemos abondo.
Os anos oitenta foron unha etapa moi frutífera para a cultura popular. A súa música, o seu cine, as súas series e debuxos animados deixaron en moitas de nós unha pegada imborrable. Por iso, con só escoitar unha nota ou ver unha imaxe, véñennos á cabeza lembranzas que nos levan directamente á infancia. E que guai poder recuperar esa sensación con algo tan sinxelo como unha chapa, non si? Da un paseo pola nosa sección de chapas dos 80 e rememora.
Os oitenta produciron a xeración para quen os tres mosqueteiros sempre serán Amis, Pontos e Dogos; o mellor agasallo de amor, unha cinta de casete gravada da radio; sobrevivimos aos peores catarros a base de aspirinas sen coñecer apiretales nin dalsys; fomos testemuñas da manteiga de tres cores; a alta tecnoloxía que manexabamos non eran os móbiles nin as tablets, senón o Telesketch e o Cinexin (“cine sen fin”); demos a volta ao mundo con Willy Fog; e as nosas ídolas de xuventude foron mulleres tan distintas como Xuxa, Leticia Sabater, Alaska ou Julia Otero.
En fin, que somos unha xeración molona, cunha gran bagaxe cultural, e bastante empeñada en non deixar que nada disto caia no esquecemento. Por iso en Chapatízate seguimos recuperando e creando deseños de chapas dos oitenta que dialogan con esa memoria colectiva.
Pero, sobre todo, lembra que somos unha xeración que segue dicindo Okey Makey e En fin, Serafín coa cabeza ben alta.