mario benedetti

Mario Benedetti

1127
1,50 €
IVA incluido

Mario Benedetti, pero con bonus track. Super Mario, bro. Literatura, cariño e un chiste bastante inevitable.

Tipo
  • Chapa
  • Imán
Tamaño
  • 38 mm

 

Mario Benedetti foi poeta, novelista, contista, ensaísta e unha desas persoas capaces de escribir versos que, décadas despois, seguen aparecendo subliñados nos libros, apuntados en cadernos e enviados a alguén cando as palabras propias non chegan.

Vamos, que Super Mario ata se queda curto.

Nós poderiamos terlle feito unha chapa moi seria, co seu retrato, o seu nome e unha cita preciosa. Pero entón apareceu o bro e xa non houbo volta atrás.

Super Mario, bro.

Unha homenaxe bastante pouco solemne a un escritor ao que queremos moitísimo e que nos acompañou falando do amor, do compromiso, da memoria e de todas esas pequenas cousas que, ao final, son as grandes.

Unha chapa para lectores de Benedetti, profes de literatura, xente que ten La tregua no andel e calquera que pense que aos grandes escritores tamén se lles pode render homenaxe botando unhas risas.

A literatura está para gozala.

Defender a alegría, que diría Mario. 😉

chapatízate
Produto engadido á lista de desexos