Chapas de ciencias

Amosando 1-27 de 27 produto(s)

Chapas de ciencias para xente friki da bioloxía, da química ou da física. Fórmulas, moléculas e outras pequenas obsesións científicas en formato chapa.

Esta sección reúne as nosas chapas de ciencias: deseños inspirados na bioloxía, na química, na física e noutras pequenas obsesións científicas que ás veces só recoñecen quen se emociona cunha fórmula ben posta ou cunha molécula debuxada.

Aquí atoparás chapas con referencias a conceptos científicos, símbolos, estruturas e guiños que van do moi recoñecible ao un chisco máis friki. Non son chapas didácticas nin de laboratorio: son chapas para levar nunha mochila, nunha bata, nunha chaqueta ou nun estoxo, e que adoitan provocar iso tan bonito de “ah, ti tamén”.

Moitas acaban en mans de profes, estudantes ou xente que traballa en ámbitos científicos. Outras simplemente as escolle quen goza da ciencia como parte da cultura, non só como disciplina. Porque tamén aí hai linguaxe, estética, humor e maneiras de mirar o mundo.

É unha colección pequena e en crecemento, como case todas as que de verdade nos interesan. Se se che ocorre algunha idea, algún concepto ou algún chiste científico que merecería existir en forma de chapa, escríbenos. Xa sabes que moitas das que están aquí comezaron así.

Produto engadido á lista de desexos