O que case sempre queredes saber cando chegades a esta páxina:
Como enviamos e prazos:
Enviamos todos os pedidos a través de Correos. O envío que aparece por defecto é o de "paquetería estándar", pero tamén podedes contratar "paquetería premium", que é un pouco máis rápido. En ambos casos teredes un número de seguimento para localizar o paquete en todo momento.
Unha vez recibido o pago do teu pedido, este será preparado e enviado o mesmo día (de luns a venres laborables) se o pedido se realiza antes das 11:00. Se o pedido entra máis tarde, prepararase para ser enviado ao día seguinte (día laborable).
Se se trata de chapas personalizadas, podemos tardar un pouco máis en preparalas.
Se o pedido é pequeno, podedes solicitar que deixen o paquete no voso buzón. Podedes indicalo nas "observacións" do pedido.
----
ENVÍOS Á PENÍNSULA
O prazo de entrega habitual é de entre 48 e 72 horas. É dicir, 2 ou 3 días laborables.
ENVÍOS A BALEARES
Habitualmente, os pedidos chegan en 2 ou 3 días laborables.
ENVÍOS A CANARIAS
Desde o verán de 2023 volvemos enviar ás Illas Canarias mediante Correos (carta certificada).
--
Estes prazos de entrega poden variar se hai erros na dirección de envío (especialmente no Código Postal) ou se solicitades outra dirección de entrega unha vez enviado o paquete.
Entrega en Compostela
No envío podedes seleccionar recollida en tenda. Como de momento non temos tenda propia, podedes pedir recoller as chapas na libraría Lilith (Rúa Travesa), que xenerosamente nos ofreceu ser punto de recollida.
---
Canto custa o envío:
A CORUÑA
- De 0 a 20€: 2,45€ + IVE
- De 20 a 35€: 2€ + IVE
- A partir de 35€: GRATIS
PENÍNSULA
- De 0 a 20€: 2,85€ + IVE
- De 20 a 35€: 2,45€ + IVE
- A partir de 35€: GRATIS
BALEARES
- De 0 a 20€: 5,41€ + IVE
- De 20 a 35€: 4,47€ + IVE
- De 35€ a 50€ de gasto: 3,26€ + IVE
- A partir de 50€: GRATIS
--
Non temos pedido mínimo e entendemos que ás veces pode ser frustrante querer unha soa chapa e ter que pagar estes gastos de envío. Só podemos dicir: non somos Amazon.
Aínda que pidas unha única chapa, recibirala nunha bolsiña de tea feita a man por unha artesá local.
Non importa cantas chapas pidades: o prezo para nós é sempre o mesmo. En cada pedido asumimos a diferenza entre o que pagades e o que realmente custa o envío.
--
Ei, que o pedido non chega:
Unha cousa tedes que ter clara: non vos ides quedar sen chapas. Se pagastes, teredes as vosas chapas.
En cada envío teredes un número de seguimento para ver en que estado está o pedido. En xeral, Correos cumpre cos prazos e ata o de agora non perderon ningún paquete de Chapatízate.
Se ocorrese o peor e se extraviase, non vos quedaredes sen chapas.
SE NON VOS ENTREGAN AS CHAPAS, NON DUBIDEDES EN CONTACTAR CON NÓS PARA SOLUCIONALO.
--
Como enviamos o paquete de chapas:
A menos que pidades unha gran cantidade de chapas, recibirédelas nunha bolsiña de tea feita a man, dentro dun sobre acolchado..