Chapas de cine, TV e series

Amosando 1-50 de 222 produto(s)

Chapas de cine para acompañar aos flocos de millo, chapas de series para quen da un respingo con cada novo #tudum. Escolma de chapas de series e películas que nos teñen emocionado.

Hai películas que te acompañan media vida. Series que se converten en conversa, en referencia interna, en lembranza compartida. Frases que só entende quen estivo aí. Esta colección de chapas de cine e series nace diso: das historias que se nos quedaron pegadas.

Nesta categoría atoparás chapas inspiradas en películas e series que nos marcaron, reinterpretadas coa linguaxe visual de Chapatízate. Hai guiños evidentes e outros máis sutís, chapas máis nostálxicas, outras máis irónicas, algunhas directamente emocionais. Non facemos “merchandising” ao uso: facemos pequenas cápsulas de memoria pop.

Aquí conviven clásicos do cine, series que nos tiveron co corazón nun puño, iconas da cultura audiovisual e escenas que se quedaron a vivir na cabeza. Chapas para levar na chaqueta, na mochila ou na solapa como quen leva unha cita, unha contrasinal ou unha lembranza.

É unha sección moi de “isto enténdoo eu e ti tamén”, perfecta para agasallar, para recoñecerse e para iniciar conversas improbables nunha cola, nunha clase ou nun bar.

E como todo o que ten que ver co cine e as series, esta colección está en movemento. Se hai unha película, unha serie ou un personaxe que debería existir en forma de chapa e aínda non está aquí, escríbenos. Gústannos moito as boas historias.

Produto engadido á lista de desexos