Nesta sección atoparás as tote bags de Chapatízate: bolsas de algodón pensadas para o día a día, para levar libros, cadernos, chapas, compras improvisadas ou media vida dentro.
Son bolsas con deseños da casa, con referencias culturais, frases, imaxes e ese tipo de cousas que adoitan acabar colgadas dun ombro durante anos. Algunhas nacen como derivación de chapas; outras piden directamente formato bolsa.
É unha categoría que irá medrando, porque as bolsas son deses obxectos que se volven case invisibles de tanto usarse. E porque hai deseños que funcionan especialmente ben cando non caben en tres centímetros.