Chapas reivindicativas

Amosando 1-35 de 35 produto(s)

Chapas reivindicativas con mensaxes de xustiza social, dereitos e activismo. Deseños para levar as túas loitas postas e facer visibles as túas conviccións.

As chapas foron desde sempre unha forma sinxela de expresar ideas e reivindicacións no cotián. Nesta sección atoparás chapas reivindicativas con mensaxes e símbolos que falan de loitas sociais, dereitos e xustiza.

Aquí reunimos chapas que non encaixan exactamente en categorías como feministas ou LGTBIQ+, pero que comparten un fondo común: din algo. Hai deseños que falan de dereitos humanos, antirracismo, antifascismo, memoria, solidariedade ou outras causas que atravesan a nosa maneira de mirar o mundo.

Son chapas para levar na chaqueta, na mochila ou nun estoxo. Ás veces funcionan como guiño, ás veces como declaración, e outras simplemente fan que alguén che pregunte.

Esta colección está viva. Se cres que falta algunha reivindicación, algún lema ou algunha idea que debería estar aquí, escríbenos. Moitas das chapas que existen naceron así.

Produto engadido á lista de desexos