O teu carro
Non hai máis artigos no teu carro
Esta tarde vi llover
1072
1,50 €
IVA incluido
Chapa “Esta tarde vi llover”. Cando xa perdiches a conta dos días de choiva e só queda tomalo con humor ☔😄.
Hai un momento no que deixa de ser “mal tempo” e pasa a ser modo de vida: choiva continua. Semanas vendo paraugas e xente correndo… e a canción soa na cabeza sen pedir permiso.
Esta chapa nace dese punto: cando xa non queda queixa posible e toca rir un pouco. Porque si, vimos chover. Moito. E tamén vimos xente correr mentres ti xa saes da casa en versión anfibia.
Perfecta para clima atlántico, "fans" do paraugas permanente ou xente que transforma o tempo nun chiste compartido.
Non fai que escampe.
Pero acompaña.