chapa si me muerdo

Si me muerdo me enveneno

1064
1,50 €
IVA incluido

Chapa “Si me muerdo me enveneno”. Para eses días nos que xa sabes que é mellor tomalo todo con humor… e un pouco de distancia ☠️🙂.

Formato

 

“Si me muerdo me enveneno” é unha frase desas que saen soas cando xa vas un pouco chea. Cando todo che pica. Cando hoxe non estás para moita hostia (perdón) nin para poñer boa cara. E xa está. Tamén pasa.

Esta chapa nace xusto aí. Nese punto entre a ironía e o cansazo. O debuxo e as cores fan que non pese, que entre suave, coma unha broma pequena que che fas a ti mesma.

É para eses días nos que necesitas levar un aviso incorporado. Ou para regalarlle a alguén que ten carácter. Ou simplemente para rir un pouco de cando estás máis torcida do normal. Non morde. Pero avisa. 😏

chapatízate

A clientela que mercou este produto tamén mercou:

Produto engadido á lista de desexos