chapa a toupiña

A toupiña

947
1,50 €
IVA incluido

A topupiña máis indignada da literatura infantil, na súa épica busca do culpable. Unha chapa para quen sabe que hai cousas que non se deixan pasar. 💩🕵️‍♂️

Formato

 

Poucas historias fixeron rir tanto con algo tan simple. A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza é un clásico da literatura infantil que leva xeracións facendo as delicias de grandes e pequenos. Unha toupiña ofendida, un misterio por resolver e un desfile de sospeitosos peludos fan deste conto unha xoia do humor escatolóxico.

Agora podes levar esta divertida escena en forma de chapa, perfecta para amantes dos contos infantís, docentes con sentido do humor ou calquera persoa que saiba que, na vida, ás veces toca investigar. Porque hai cousas que simplemente non se deixan pasar!

chapatízate

A clientela que mercou este produto tamén mercou:

Produto engadido á lista de desexos