Sí pero no

Sí pero no

1063
1,50 €
IVA incluido

Chapa “Sí pero no”. A frase universal da dúbida, do matiz e do “déixame pensalo mellor” 😌.

Formato

 

“Si pero no” é unha desas frases pequenas que o din todo. Vale para dubidar, para deixar unha porta entreaberta, para non decidir aínda, para pensar un pouco máis.

Esta chapa nace tamén dunha historia miúda: a dunha nena que repetía moito esa frase (fin do misterio: a nena era eu). Tanto, que igual foi aí cando empezou todo. A indecisión, o gusto polos matices, por non aceptar as cousas sen darlle unha volta, por vivir nese espazo intermedio onde aínda cabe todo. Si… pero non.

O deseño acompaña ese xogo: letra grande, con personalidade, cores cálidas e un aire retro que a fai moi visible. É unha chapa para xente que dubida, que pensa, que se contradí, que volve pensar. Para quen non se sente cómoda nin no si absoluto nin no non definitivo.

Perfecta para mochilas, chaquetas ou para regalar a esa amiga que sempre deixa as frases a medias. Ou para ti. Que probablemente tamén.

chapatízate

A clientela que mercou este produto tamén mercou:

Produto engadido á lista de desexos