I hate people
Chapa “I hate people”. Humor seco, gato con cara de poucos amigos e moita personalidade 😾.
Esta imaxe é xa parte do imaxinario de internet: un gato con pose de foto policial e un cartel que di exactamente o que está a pensar. Non precisa presentación nin moita análise.
Esta chapa vai diso: humor seco, branco e negro, e unha mensaxe clara para eses días nos que a túa tolerancia social está en modo aforro de enerxía. É perfecta para xente de gatos, para persoas introvertidas, para profes en modo supervivencia ou para quen sabe que rir de si mesma tamén é unha forma de coidarse.
Non é unha chapa para explicar. É unha chapa para deixar que o gato fale.