O teu carro
Non hai máis artigos no teu carro
Libro Naturaleza EXB
988
1,50 €
IVA incluido
Verde EXB e moita natureza comprimida. Chapa cadrada co deseño do libro “Naturaleza 6”. Nostalgia garantida.
As plantas, os planetas, a reprodución das ras... todo iso aprendémolo con “Naturaleza 6”. Esta chapa cadrada de 37 mm recupera o deseño vibrante daquel manual que nos fixo mirar as flores con agarimo e os órganos con reparo.
Ideal para fans da ciencia, profes de primaria ou quen manteña aquela curiosidade pola natureza que a EXB espertou. E ademais: que verde tan perfecto para dar vida a calquera mochila.