Libro Inglés EXB
Hello, nostalxia. Chapa cadrada co deseño de “Inglés 6” da EXB. Toque british e cheiro a goma Milán.
Se “My tailor is rich” che soa a algo máis que un meme, esta chapa é para ti. Recuperamos a portada do mítico “Inglés 6” da EXB e convertémola nun cadrado de 37 mm que cheira a caderno de exercicios, a cintas de casete con diálogos imposibles e a profes que repetían the pen is on the table coma se fose a chave do idioma.
Perfecta para fans da cultura pop dos 80, para profes de inglés con retranca ou para quen lembre aqueles debuxos do manual que semellaban sacados dun documental da BBC… pero con voz de Constantino Romero.
Para coleccionistas de traumas escolares, amantes da estética retro e superviventes de exames orais sen pillar unha palabra.