Libro Sociedad EXB
Chapa cadrada co deseño de “Sociedade 6”. Cor, xeometría e memoria comprimida en 37 mm de pura EXB.
Se este cadrado psicodélico che activa lembranzas de mapas de corcho, excursións rurais e libros con cheiro a plastidecor, é que estudaches “Sociedade 6”. Esta chapa cadrada de 37 mm reproduce con precisión quirúrxica a mítica portada do libro que mesturaba historia, xeografía e valores como quen non quere a cousa.
Máis que un deseño: é unha pequena máquina do tempo. Ideal para profes nostálxicos, coleccionistas de cultura pop ou calquera que senta un chisquiño de dozura ao ver esas cores. Si, este cadrado marcounos. E agora podes levalo no peito.