Apple CORE Button

Lichtenstein Chapa

1016
1,50 €
IVA incluido

Deseño de Lichtenstein para CORE en 1966. Chapa pop ao servizo dos dereitos civís. 🍎✊

Formato

 

Isto non é unha chapa calquera: é arte, memoria e compromiso. En 1966, Roy Lichtenstein deseñou este botón para a exposición benéfica organizada polo Congreso pola Igualdade Racial (CORE), un evento clave na loita polos dereitos civís nos Estados Unidos.

A recadación destinouse ao CORE Scholarship Education and Defense Fund (SEDF), creado para apoiar a defensa legal de activistas arrestados en protestas e campañas de rexistro de votantes. A metade das chapas entregáronse durante a inauguración na galería Grippi & Waddell de Nova York, e outras foron distribuídas entre artistas, galeristas e o público xeral a cambio de doazóns.

Unha peza do pop art con fondo político e reivindicativo.

Agora podes levar esta réplica como homenaxe a quen puxo o arte ao servizo da xustiza social.

chapatízate

A clientela que mercou este produto tamén mercou:

Produto engadido á lista de desexos