Pomba paz Picasso
A pomba da paz de Picasso, símbolo de loita e esperanza. Para levar contigo o compromiso. 🕊️
A pomba de Picasso non é só un debuxo: é símbolo de resistencia, de memoria e de esperanza. Naceu como emblema do movemento pacifista tras a Segunda Guerra Mundial e hoxe segue voando en cada protesta contra a inxustiza.
Berras nas manifestacións, compartes a túa rabia nas redes, levas o teu activismo contra a guerra a cada recuncho… e agora tamén con esta chapa.
Un deseño limpo e contundente, dispoñible en varios tamaños e tamén como imán, que lembra que a paz non é neutralidade nin silencio (non está Palestina para gardar silencio), senón unha posición firme ante a barbarie.
Ideal para quen cre na dignidade humana, na arte como resistencia e en que outro futuro é posible… aínda que haxa que levantar a voz para conseguilo.