- -10%
Chomsky e Saussure
Pack para quen sabe ben de que bando está na guerra lingüística: de Saussure ou de Chomsky?
Hai dous tipos de persoas: as que cren na arbitrariedade do signo e as que confían na gramática xerativa. E despois estamos as que nos poñemos nerviosas se alguén pronuncia "fonema" sen ton nin son.
Este pack trae dúas chapas para poñer sobre a mesa (ou sobre o peito) o eterno debate lingüístico: Chomsky vs. Saussure. Unha forma divertida e moi friki de levar a paixón pola lingua ben visible.
Perfecto para regalar no Día das Letras, para declararte na facultade ou para provocar un debate acalorado no ascensor do instituto. En serio: quen dixo que a linguaxe non podía molar?