- Chapatízate
- 2 likes
- 1668 views
Benvidos, educadores intrépidos e divertidos, a un mundo onde a ensinanza se atopa co humor! En Chapatízate, tenda online de chapas, sabemos que ser profesor/profesora é unha tarefa nobre, pero a miúdo, tamén pode ser unha montaña rusa de emocións e situacións cómicas.
É unha profesión que sempre consideramos fundamental. Admiramos profundamente a quen decidides dedicarvos ao mundo da ensinanza (boa parte das nosas amigas, por certo. Querémosvos!) e desde aquí decidimos darvos unhas pequenas doses de humor en forma de chapa.
Recompilámolas nesta pequena entrada de blog para que teñades á man todas as chapas para profes que temos en Chapatízate.
Preparádevos para unha dose de risas e recoñecemento coas nosas chapas para profes!
-
"Non, aínda non corrixín os exames": Quen non sentiu o peso dunha morea interminable de exames por cualificar? Esta chapa é o accesorio perfecto para mostrar con orgullo que estás en plena batalla contra as pilas de papel. Dispoñible en tres idiomas e en dous tamaños.

-
"Son titor e quero un martelo": Porque, sexamos sinceras, ás veces parece que necesitas un martelo para resolver certos problemas na aula. Esta chapa é un recordatorio humorístico de que a ensinanza pode ser un desafío, pero sempre hai espazo para o enxeño e os superpoderes, jiji.

-
"A xefatura de departamento é un marronazo xenial": Chapa ideal para case calquera departamento, agás, quizais, para eses departamentos unipersoais (ola, xente que vos reunides con vós mesmas).

-
"Non son un profe de historia, son un viaxeiro no tempo": Quen necesita unha máquina do tempo cando es profesor de historia? Esta chapa rende homenaxe á capacidade dos/das profes de historia para transportar aos seus alumnos a través do tempo.

-
"Profe de grego en perigo de extinción": Non desaparezades, por favor.

-
"Con un libro y una tiza soy feliz": Ás veces, as cousas máis sinxelas son as que nos traen a maior felicidade. Esta chapa celebra o amor pola lectura e a ensinanza "tradicional" cun toque de humor.

-
"Non hai exame que se me resista": Unha chapa talismán para o alumnado.

- " Dar 2º de bacharelato esgota o cerebro": Esta chapa é un testemuño humorístico do desafío intelectual que supón ensinar a estudantes de 2º de Bacharelato. É un recoñecemento divertido ao esforzo e á dedicación requiridos para guiar ao alumnado nesta etapa crucial das súas vidas. Foi unha confesión do noso amigo Migueliño. Ánimo, meu!

-
"2º de bacharelato esgota o cerebro": Por outra banda, esta chapa ofrece unha perspectiva desde o punto de vista do alumnado. É unha forma enxeñosa de expresar o esgotamento mental que pode experimentar un estudante de 2º de Bacharelato mentres se prepara para os exames e parece que non chegan (pero chegan).

-
"Escola pública de tod@s, para tod@s": Sempre educación pública, de tod@s, para tod@s. SEMPRE.

-
"Os alumnos eran os de Quirón, non o que eu teño": Esta chapa humorística destaca as diferenzas entre os estudantes ideais e a fantástica realidade na aula.

BONUS: e se che mola ser profe, pero o que máis che mola son as vacacións... esta é a túa chapa (e a de Marx, jiji).
En Chapatízate, a túa tenda de chapas desde 2004, entendemos que a ensinanza pode ser unha viaxe chea de altos e baixos, pero tamén sabemos que cada momento paga a pena. As nosas chapas para profes están deseñadas para celebrar a vosa paixón, a vosa dedicación e, por suposto, o voso sentido do humor (se non tedes moito humor, sorry, igual as nosas chapas non vos molan moito). Así que poñede un chisco de diversión no voso día a día coas nosas chapas para profes!
Se estades a buscar chapas específicas da vosa área, podedes rebuscar nas nosas categorías.
Chapas de lingua e literatura.
E se non atopades a vosa chapa soñada (toma xa), podedes pedila na nosa sección de chapas personalizadas.
E nada, sorte na aula! ;)
