Dante inferno
Chapa "Isto é un inferno" con Dante e o seu drama existencial. Ideal para literatos con humor ou para quen vive un luns eterno.
Cando Dante escribiu A Divina Comedia, probablemente non pensaba que séculos despois a súa expresión reflectiría o que todos sentimos nun día de caos absoluto. Esta chapa "Isto é un inferno" captura á perfección ese estado de ánimo con Dante como embaixador do Purgatorio e do Inferno.
Perfecta para amantes da literatura clásica, profesores que necesitan unha chisca de humor para sobrevivir ao día ou para quen queira expresar o seu ánimo con estilo. Exame sorpresa? Reunión interminable? Dante vai contigo.
Dispoñible en varios tamaños e formatos (incluíndo imán). Porque todos temos días nos que necesitamos expresar que estamos no noso propio inferno. 🔥📚