we teach life sir

We teach life, sir

876
1,50 €
IVA incluido

Esta chapa ten que verse e oírse:

Rafeef Ziadah, We teach Life.

Unha chapa que berra dignidade e resistencia. Inspirada no poderoso poema de Rafeef Ziadah, “We Teach Life, Sir” defende a humanidade do pobo palestino fronte ao asedio e a deshumanización impostos pola ocupación e o conflito. Para quen lembra que, mesmo baixo a opresión, a vida é unha lección.

Formato

 

Esta chapa recolle o mensaxe contundente de Rafeef Ziadah no seu poema “We Teach Life, Sir”. Dende a súa experiencia como activista e poeta palestina, Ziadah responde á insensibilidade dos medios que reducen o sufrimento do seu pobo a cifras sen alma. “We teach life, sir” é a resposta de quen, a pesar do asedio xenocida que afronta Palestina, manteñen viva a súa dignidade e humanidade. Esta frase simboliza a loita contra a deshumanización dun pobo que se nega a ser reducido a números e estatísticas.

Levar esta chapa é un acto de solidariedade e unha forma de lembrar que detrás de cada cifra e cada titular hai persoas, historias e unha resistencia incansable. Para quen cre que a vida e a dignidade son unha lección que merece ser ensinada, e que Palestina merece ser escoitada.

A clientela que mercou este produto tamén mercou:

Produto engadido á lista de desexos