veran galego
fodechinchos
  • Nuevo
veran galego
fodechinchos

Verán

994
1,80 €
Impuestos incluidos

Chapa triangular con sinal de “coche ao mar”. O clásico do verán galego: turistas e mareas vivas en amor eterno.

 

Hai sinais de perigo… e logo está esta. Se ves un coche mergullándose nun pantalán é que chegou o verán a Galicia. E ti non es ninguén sen esta chapa para celebralo.

Inspirada na mítica escena repetida cada ano: coche aparcado confiado, marea subindo sen avisar e un final digno do Titanic. Non é que nos riamos, é que xa temos o meme preparado.

Esta chapa triangular é unha homenaxe con retranca ao caos estival nas rías. Perfecta para galegos/as con humor, xente da costa que viu cousas e madrileños que xa aprenderon a aparcar cara riba.

Para mochila, para o coche (fóra da zona intermareal, claro) ou para regalar ao cuñado que lle ten fe á física newtoniana pero non ás táboas de mareas.

Producto añadido a la lista de deseos