- -10%
Son un toxo
Hai xente que é como unha margarida. Hai xente que é como un carballo. E despois estamos nós: os toxos. Duros, punzantes, con carácter... pero con esa flor amarela que aparece cando menos se espera.
Non todo o mundo vale para ser un toxo. :D
Hai xente que chega abrazando, e logo estás ti: que xa dás a man por compromiso. Ser un toxo non é ser borde, é un estilo de vida. Significa que non che van os melindres, que tes a afectividade en modo aforro e que, se alguén quere algo de ti, que se achegue con coidado (e se pode ser, cunha cervexa).
Esta chapa é para eses seres marabillosos que din “non me molestes” con só erguer unha cella. Para quen prefire un silencio cómodo antes ca un “que tal estás?” con sorriso falso. Para quen pincha un pouco, si, pero tamén protexe o seu espazo con fiereza e orgullo.
Se ti tamén es deses que non lle din “bo día” nin ao espello, pero escoitan con atención e están sempre cando hai que estar… pois si, es un toxo. E esta chapa é para ti.