Pin vértebra
Pin metálico redondo con marco prateado (20 mm, deseño de 18 mm) coa famosa “vértebra feliz”: a C6, a máis memeada da anatomía.
Se algunha vez liches un atlas de anatomía ou che apareceu un meme sobre ósos sorrintes, xa sabes que a C6 non é unha vértebra calquera. É a vértebra feliz: dous furadiños como ollos, unha espiña que semella un enorme sorriso e ese aire simpático que a converteu nun pequeno icono do humor anatómico en internet.
Este pin rende homenaxe á raíña do bo humor vertebral. Metálico, redondo, con marco prateado de 20 mm e deseño de 18 mm, está pensado para quen sabe que estudar o aparato locomotor pode ser duro, pero sempre mellor se unha vértebra che mira con cara de “todo vai ir ben”.
Perfecto para sanitarios, estudantes de anatomía, fisios, osteópatas, profes de bioloxía e para quen algunha vez dixo “a C6 é o meu espírito animal” (que habelas, hainas). Un accesorio discreto, friki e co mellor mood óseo posible.