Pin gallifante
Pin metálico redondo con marco prateado (20 mm, deseño de 18 mm) cun gallifante clásico ao máis puro estilo nostálxico dos 80.
Este pin recupera un dos debuxos máis míticos da nosa infancia: o gallifante. Si, ese híbrido imposible que premiaba a imaxinación na tele dos 80 e que segue sacándonos un sorriso décadas despois. Aquí o tes, en versión mini pero co seu encanto orixinal, listo para ir contigo en mochilas, chaquetas ou estoxos de profe nostálxica.
O pin é redondo, metálico, con marco prateado de 20 mm e un deseño de 18 mm protexido para soportar o trote do día a día. Un detalle perfecto para amantes do retro, profes que medraron vendo debuxos imposibles ou coleccionistas de cousas bonitas con historia.
Lévao contigo e presume de gallifante como quen presume de ter sobrevivido á EXB. Non fai falta gañar puntos: xa gañaches estilo.