bandeira orgullo inclusivo

Bandeira Lgtbqi+

405
1,50 €
IVA incluido

Chapa Bandeira LGTBIQ+. Diversidade, loita e orgullo nun símbolo que segue facendo falta 🌈.

Formato

 

A bandeira LGTBIQ+ non é só un símbolo recoñecible. É historia, loita e comunidade.

Esta versión inclusiva amplía o significado: visibiliza realidades que durante moito tempo quedaron fóra e lembra que o orgullo non é só celebración, tamén é (sobre todo é) memoria e reivindicación.

Cada cor leva detrás unha historia de resistencia, identidade e dereito a existir sen pedir permiso. E, malia os avances, segue sendo necesario levar estes símbolos no día a día, non só en datas sinaladas.

Esta chapa é unha forma sinxela de posicionarse. De apoiar, de visibilizar e de dicir, claro, que hai dereitos que non se negocian.

Para quen forma parte. Para quen acompaña. Para quen o ten claro.

chapatízate

A clientela que mercou este produto tamén mercou:

Produto engadido á lista de desexos