Angela Channing iman

Imán Angela Channing

1099
3,00 €
IVA incluido

Imán rectangular inspirado en Angela Channing e nas grandes malvadas da televisión 🍷😏 Estética pop, sorriso inquietante e glamour sen arrepentimento. Réplica en miniatura dun dos nosos pósters máis potentes. Tamaño 53x80 mm.

 

Hai personaxes que eran “as malas”. E logo estaba Angela Channing, que parecía gozar do caos cunha copa na man e cara de “a ver que desastre montastes agora”. Este imán rectangular de 53x80 mm fai unha homenaxe en toda regra a esa enerxía entre diva, empresaria sen escrúpulos e ameaza perfectamente peiteada.

Este imán, ademais, forma parte dunha colección especial de mini réplicas dos pósters pop da tenda. Un anaco pequeno de decoración noventeira e televisiva para converter a neveira nun altar do melodrama elegante.

O formato rectangular vertical dálle aspecto de mini cartel vintage e queda xenial en superficies metálicas, archivadores ou calquera recuncho que precise algo máis de personalidade televisiva.

Perfecto para fans das series clásicas, das grandes vilás e da estética kitsch con moito estilo.

chapatízate
Produto engadido á lista de desexos