Imán Extintos
Imán rectangular “Extintos”: un cartel imprescindible para amantes dos dinosauros e do humor bastante absurdo 🦖☄️ Deseño inspirado na sinalética clásica de emerxencia. Tamaño 53x80 mm.
Ás veces os mellores deseños nacen das situacións máis absurdas.
No noso caso, todo comezou cando viñeron colocar os extintores da tenda. Nunha parede enorme apareceu de repente un único cartel oficial de “EXTINTOR” observándonos con toda a súa seriedade administrativa. E claro, aquilo necesitaba compañía.
Así naceu “EXTINTOS”.
Un pequeno xogo visual entre a sinalética clásica de emerxencia, un dinosauro, un meteorito e bastante humor innecesario… pero importantísimo. Porque sinceramente: se podes converter un cartel funcional nun chiste de dinosauros, sería feo non facelo.
Este imán rectangular de 53x80 mm reproduce ese deseño que acabou colocado no local e que moitísima xente sinala, comenta e remata levando para casa.
Ten ese aire entre cartel oficial, adhesivo de museo de ciencias e retranca visual perfectamente seria. O contraste entre o vermello intenso e o crema fai que destaque moitísimo en neveiras e superficies metálicas.
Perfecto para amantes dos dinosauros, do deseño gráfico simple e dos chistes visuais que entran pouco a pouco… igual ca o meteorito.