Imán Alien pop
Imán rectangular inspirado en Alien cunha Ripley bastante farta de certas criaturas 👽🌻 Deseño pop, rosa chicle e con retranca espacial. Tamaño 53x80 mm. Para neveiras, taquillas ou calquera nave con gusto dubidoso.
Hai películas que envellecen ben. E despois está Alien, que segue provocando ansiedade espacial coma o primeiro día. Este imán rectangular de 53x80 mm colle a Ripley e métaa de cheo no universo Chapatízate: fondo rosa chillón, estética pop e un pequeno “retoque técnico” no lanzachamas que cambia bastante a historia 🌻
Porque escapar dun xenomorfo xa ten mérito. Pero escapar de determinados espécimes humanos… tamén.
O contraste entre a imaxe clásica en branco e negro e o fondo rosa fai que este imán pareza unha especie de mini cartel de ciencia ficción punk. Queda xenial en neveiras, armarios metálicos, pizarras ou en calquera sitio que precise algo de personalidade.
Ao ser rectangular e vertical, o deseño ten máis aire ca unha chapa tradicional e funciona moi ben como obxecto decorativo pequeno: entre postal pop e carátula alternativa dun VHS perdido nun videoclub dos 90.
Perfecto para fans de Alien, de Ripley, da ciencia ficción con carácter e da decoración friki feita con algo máis de graza ca a media.