Wuthering Heights
A paixón salvaxe de Cumes Torboentos en chapa ou imán. Emily Brontë en modo portable. 🌫️📖
Heathcliff, treboadas, ermos solitarios e paixóns que arden máis ca o propio páramo: esta chapa é unha homenaxe ao clásico de Emily Brontë cun deseño sinxelo e inconfundible, en tons crema e laranxa estilo Penguin.
Ideal para quen pensa que a literatura do século XIX pode ser máis intensa que calquera serie actual. Perfecta para lectoras empedernidas, fans das Brontë, profes con alma gótica ou calquera corazón salvaxe que goce dun bo drama romántico con vento de fondo.
Tamén dispoñible como imán, por se prefires ter a treboada pegada á neveira. E si, tamén temos versión co título en inglés (Wuthering Heights), para as máis puristas.
Un pequeno tesouro literario… sen necesidade de perderse polo páramo.