O teu carro
Non hai máis artigos no teu carro
Churras e Merinas
982
2,00 €
IVA incluido
Un pack para non mesturar churras con merinas. Ou si. Dúas ovellas con moita personalidade para xente con chispa.
Din que non se deben mesturar churras con merinas. E tamén hai quen o fai con moito orgullo e queda tan ancho. Este pack trae dúas chapas con moito flow ovino: a churra, algo nerviosa pero encantadora; e a merina, toda altivez e orellas de estrela. Non fai falta escoller: se che van os contrastes, as contradicións ou simplemente as ovellas, este é o teu pack.
Levaas na mochila, na chaqueta ou aló onde queiras. Porque nesta vida non hai que ter as cousas claras… chega con levalas con estilo!