Pero mira cómo beben
🎉 Pack de 3 chapas "Pero mira como beben". Da festa á resaca, e volta a empezar. Todo o necesario para levar o ciclo da moña con humor. 😉
Leva 3 chapas:
Este pack de chapas "Pero mira como beben" está feito para os máis sinceros da festa: os que non ocultan que a noite se descontrola, que logo chega a resaca e, ao final, sempre vén a promesa de "Non volvo beber". Este set inclúe as tres etapas do clásico fin de semana de festa:
- "Estou collendo a típica moña": Porque a festa comeza e xa sabemos como vai rematar.
- "Estou de resaca": A fase na que o cerebro está de vacacións e o café é o teu único aliado.
- "Non volvo beber": A promesa que facemos e esquecemos, coma Dory despois dunha noite épica.
Un pack perfecto para ir alternando durante eses días de festa e os seus efectos secundarios. Faite co lote e que non falte o humor (nin a sinceridade) nas túas aventuras etílicas. 😜 Dispoñible en versión estándar e en imán, para levar a festa tamén á neveira. 🍻