Harry Potter
⚡ A maxia nunca morre con esta chapa de Harry Potter. Leva contigo a súa cicatriz e un chisquiño de Hogwarts a onde queiras. Disponible en imán, por se prefires a neveira ao castelo. 🪄
Lémbraste do neno que sobreviviu? Pois aquí o tes, convertido en chapa. Este esbozo do rostro de Harry Potter, coa súa cicatriz en forma de raio, é o que toda persoa fan precisa para demostrar que a maxia segue viva.
Xa sexa para a túa chaqueta, a túa mochila ou para darlle un toque máxico á túa neveira (si, tamén en imán), esta chapa é un billete directo aos teus anos de aventuras en Hogwarts. Porque, se somos honestos, todas necesitamos un pouco de maxia na nosa vida... ou, polo menos, un toque Potter para que a rutina non sexa tan muggle.
Leva esta chapa e que se note que, aínda que xa non teñamos curuxas na xanela, seguimos crendo nos feitizos. 💫