Chapa Frida
Chapa cadrada de 37 mm cun dos autorretratos máis coñecidos de Frida Kahlo. Dúas Fridas, dous corazóns conectados. Un autorretrato que é puro sentimento e forza. Para amantes da arte e do universo Kahlo.
En chapa rectangular tamén temos a Frida con Chavela.
Poucas obras reflicten tan ben o universo interior de Frida Kahlo como As dúas Fridas. Dúas versións de si mesma, unidas por unha arteria que simboliza todo o que foi e todo o que sentiu. A Frida de vestido branco, co corazón exposto e sangrante, enfróntase á Frida vestida con roupa tradicional mexicana, que sostén con firmeza a arteria que as une.
Este autorretrato dual é un berro de identidade, de fortaleza e de loita interna. Porque Frida non só pintaba o seu corpo roto, senón tamén a súa alma, con cada pincelada e cada cor. Se a súa arte te atravesa, esta chapa cadrada de 37mm (ou imán) é un anaco da súa esencia que podes levar contigo.