chapa tardeo

Carpe tardeum

1114
1,50 €
IVA incluido

Nin Carpe Diem. Nin Carpe Noctem. A verdadeira sabedoría chega cando descubres o Carpe Tardeum: saír "a tomar unha" e acabar vendo como se fai de noite sen decatarte.

Tipo
  • Chapa
  • Imán
  • Imán abridor
Tamaño
  • 38 mm
  • 59 mm

 

Os romanos deixáronnos o Carpe Diem.

Nós decidimos poñelo ao día.

Porque o día está moi ben. A noite tamén ten o seu encanto. Pero hai unha franxa horaria que merecía un lema propio: esa na que saes tomar un viño, unha cervexa ou un café "só un momento" e, cando ergues a cabeza, xa hai quen pregunta onde se vai cear.

Iso é o Carpe Tardeum.

Non hai que madrugar nin quedar ata o peche. É o territorio perfecto para quen xa non ten idade de rematar ás tantas... pero tampouco pensa renunciar a unha boa conversa arredor dunha mesa.

Esta chapa é para esa xente que domina a arte de estirar a tarde con elegancia. Para quen sempre coñece unha terraza máis. Para quen di "marcho nun intre" e desaparece media tarde.

E, total, soa bastante máis culto dicir Carpe Tardeum.

chapatízate

A clientela que mercou este produto tamén mercou:

Produto engadido á lista de desexos