Excel me odia
Para quen abre un Excel e sente que está a desactivar unha bomba.
A fórmula estaba ben. Quitaches o filtro. O autosuma funcionaba.
Entón, por que decidiu Excel arruinarche a mañá?
Nin idea. Pero sabemos como te sentes.
Esta chapa é un berro silencioso dende a mesa de traballo, unha pancarta para quen sobreviviu a táboas dinámicas, erros #¡VALOR! e celas traizoeiras. Perfecta para profes, oficinistas, xente de letras loitando con excels... ou calquera alma torturada polo botón de “combinar celas”.
Verde folla de cálculo, con letras grandes e claras, para que non teñas que ampliar o zoom. Tamén dispoñible en imán, por se queres pegala na neveira... ou no servidor que che arruinou o día.