art 47 constitución

Art. 47

1138
1,50 €
IVA incluido

O artigo 47 da Constitución recoñece o dereito a unha vivenda digna e axeitada. O de poder pagala xa parece ciencia ficción. Unha chapa para lembrar que ter un teito non debería ser un luxo.

Tipo
  • Chapa
  • Imán
  • Imán abridor
Tamaño
  • 25 mm
  • 38 mm
  • 44 mm
  • 59 mm

 

Artigo 47. Constitución española. 1978.

Case medio século despois, paga a pena volver lelo.

O artigo 47 recoñece o dereito a gozar dunha vivenda digna e axeitada. Pero non queda aí: tamén encomenda aos poderes públicos facer efectivo ese dereito e regular o uso do solo para impedir a especulación. Si, impedir a especulación. Está escrito así, negro sobre branco.

E mentres tanto, aí están as conversas que se repiten en tantas casas: alugueiros que levan boa parte do soldo, xente nova que non consegue independizarse, persoas que teñen que marchar do seu barrio e pisos que se contemplan antes como investimento que como fogar.

Porque unha casa non son só catro paredes. É poder pechar a porta e sentir que estás no teu sitio. É ter onde gardar os libros, onde preparar un café, onde volver despois dun día horrible. É poder facer plans sen preguntarte constantemente se o ano que vén poderás seguir vivindo alí.

E por iso fixemos esta chapa.

Amarela, negra, sen adornos. Unha casiña e un número que convén ter presente.

Non fai falta inventar ningún lema especialmente enxeñoso. Desta volta abonda con lembrar o que di a Constitución e preguntarnos canto camiño queda para facelo realidade.

Art. 47.

Que non se nos esqueza.

A clientela que mercou este produto tamén mercou:

Produto engadido á lista de desexos