chapa make love

Make love not war

1104
1,50 €
IVA incluido

Chapa “Make love, not war”. Flores, cores e unha mensaxe que segue sendo necesaria moitas décadas despois ✌️🌼

Formato

 

Hai frases que nunca pasan de moda. E por desgraza, esta segue sendo demasiado necesaria.

“Make love, not war” naceu nos anos 60 como lema pacifista, entre movementos antibelicistas, cultura hippie e moita xente xa farta de que as guerras sempre as sufran os de abaixo. E aquí seguimos, décadas despois, necesitándoa igual.

Esta chapa recupera ese espírito cun deseño cheo de flores, cores pop e aire sesenteiro. Ten algo de cartel psicodélico, algo de verán eterno e bastante de “a ver se deixamos xa de bombardearnos uns a outros”. Porque ás veces unha chapa pequena di cousas enormes.

Perfecta para mochilas, chaquetas, bolsas ou para calquera persoa que siga pensando que o amor pode non solucionar todo… pero desde logo é mellor plan ca a guerra.

Dispoñible tamén en formato imán.

chapatízate

A clientela que mercou este produto tamén mercou:

Produto engadido á lista de desexos